Club de montaña Xesteiras
A comezos do ano 2012 constitúese o Club de Montaña Xesteiras, contando con dúas seccións principais: carreira de montaña e BTT.
Os fins deste clube, ademáis dos deportivos son:
- Fomento da actividade física entre os veciños de Cuntis e aquelas persoas de fóra de Cuntis aos que lles guste disfrutar do seu tempo de lecer ao aire libre.
- Dar a coñecer as fermosas rutas e camiños de Cuntis e o seu entorno: Xesteiras, Castrosevil, Mesego, Cabalar, Monte de Arcos, Cábado...
- Dar a coñecer o Concello de Cuntis, que ademáis do turismo de balneario pode ofrecer turismo activo e de aventura: BTT, sendeirismo...
Dentro das actividades a desenvolver na sección de BTT destacan:
- Ruta do lacón: ruta BTT que coincide coa festa do lacón e que en 2012 tivo a súa I edición, contanto con 45 quilómetros polos montes de Laxos, Castrosevil, Mesego, Ouzande, Zo, Arcos, Castrolandín e Campaíñas.
- Ruta BTT do Xesteiras: esta ruta que tivo a súa primeira edición no 2011 reúne no mes de agosto ós ciclistas dispostos a subir o monte Xesteiras.
- Saídas dos domingos: tódolos domingo pola mañá reúnense en Cuntis un número importante de ciclistas para recorrer os montes do entorno.
Dentro das actividades a desenvolver na sección de montaña destacan:
- Promocionar a celebración dun campionato galego de carreiras de montaña.
- Estudiar a posibilidade de facer un fin de semana adicado ao trail, con 3 días de competicións deportovas polos nosos montes.
- Celebración de unha ruta de sendeirismo cada mes, facendo rutas asequibles a tódalas idades e niveis.