Autorizo o tratamento dos datos facilitados para a xestión da proba e posibles comunicacións relacionadas ca mesma e declaro ter lido e aceptado o seguinte reglamento:
1.- 0 Concello de Ribadumia, organiza a II Ruta BTTinto de Barrantes - Marcha Social non Federada, cun percorrido de 45 km/aprox., con unha alternativa de 36 km., de dificultade técnica e física media-alta, con puntos de dificultade técnica alta que estarán debidamente sinalados. A mesma será de carácter non competitivo. A saída terá lugar ás 9:30 horas diante do Concello de Ribadumia o día 02 de xuño de 2013.
2.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 9:00 horas, do domingo 02 de xuño na alameda do Concello (o lado do concello de Ribadumia). A saída efectuarase ás 9:30 horas. A recollida de dorsais farase de xeito individual.
3.- A participación na proba incluirá o avituallamento sólido e líquido (bebida, froita e barrita enerxética) aproximadamente na metade da ruta e servizo de duchas, lavado de bicicletas, servizo de ambulancia, servizo de recollida no caso de avaría, seguro Responsabilidade Civil. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.
- Cada participante será responsable do seu propio material de avaría.
- No caso de avaría terá que desprazarse a un cruce asfaltado.
4.- 0 emprego do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha.
5.- 0 percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais, forestais e de monte do Concello de Ribadumia, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para ouros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
6.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contenedores situados no punto de avituallamento e de inicio e final da ruta.
7.- En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización, non adiantando en ningún momento ó vehículo que abre aproba, o cal será obxecto de descualificación inmediata.
8.- A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil (limitado), non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
9.- A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
10.- O feito de inscribirse n aproba, supón a aceptación total do presente regulamento.
11.- A organización non será responsable da perda ou extravío de bicicletas ou material durante a proba combinada. Os participantes deberán recoller a súa bicicleta inmediatamente ó remate da proba combinada presentando o dorsal e asinando a recollida.